-

Acerca de

estás no sítio web da assembleia de Bergantinhos da FAG

Búsqueda

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Friday, 10 de February de 2006

Non á destrucción do litoral galego !

A Asemblea de Bergantiños da Federación Anarquista Galega inicia nestes días unha campaña contra a destrucción do litoral galego, da cal seguiremos informando daquí en diante.





NON Á DESTRUCCIÓN DO LITORAL GALEGO


Intereses especulativos ameazan o fermoso litoral galego. Varias inmobiliarias, en coalición cos Axuntamentos, planifican convertir as costas galegas nun bo escaparate para o turismo burgués, construíndo vivendas destinadas a segunda residencia ( o que xa di para quen son), campos de golf para @s ric@s e portos deportivos, destruíndo así a singularidade e beleza das nosas costas. Debemos enfrontarnos tod@s a esta ofensiva do poder capitalista e plantar cara á destrucción que planifican, xa que se non somos nós os que saímos na defensa da Terra e o meio ambente, quedará inevitavelmente ás anchas do capitalismo mais salvaxe, que non tén outros sentimentos e intereses que o lucro á costa do que sexa e pasando por enriba de quen sexa.

Por isto, dende a FAG imos desenvolver unha campaña contra a destrucción da costa galega. Imos facer fronte ao capital; o terrivel poder do diñeiro que é unha ameaza constante para o noso praneta con tódalas súas formas de vida incluídas.

Defendamos á Nai Terra ! Non permitamos que os intereses capitalistas arrebaten a beleza natural das nosas retinas ! Defendamos o litoral galego contra o turismo burgués !



Federación Anarquista Galega- Asemblea de Bergantiños

fagbergantinhos@yahoo.es

Por: Federación Anarquista Galega - Bergantinhos | > Campanhas | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos